Pensamientos impuros

Autor: Xurxo Borrazas

ISBN: 9788483028599

Editorial: Xerais

Edición: 1

Páginas: 223

Formato: 22x15x1.1

Cant. tomos: 1

Año: 2002

Idioma: España

Origen: España

Disponibilidad.: Disponible

Gs 60.000
Cantidad:
Pensamentos impuros inscríbese na tendencia literaria daqueles autores que non só afirman ter dificultades para distinguir entre ficción e realidade, senón que cuestionan o dominio da vixilia sobre o soño e sosteñen que non paga a pena diferenciar entre soños, memoria e imaxinación. Esta obra de Borrazás, tan inclasificable como o fora O desintegrista, coa cal establece puntos de contacto ben visibles, sitúase á mantenta nun territorio que semella cotián e inmediato, de xeito que os seus personaxes poderían confundirse con calquera lector ou lectora, se non nos afastamos dunhas determinadas coordenadas socioculturais. Desde o seu punzante e intelixente estilo habitual, Xurxo Borrazás crea en Pensamentos impuros un remuíño de creación onde as augas da reflexión, da cotiadanidade, da literatura e da vida se dan a man. Cun estilo ameno, desenfadado e que capta o interese dos lectores, Pensamentos impuros remítenos a ese Borrazás intelixente e cheo de talento. A voz principal de Pensamentos impuros (quizais unha voz dobre) pode reflexionar e ser crítica, pero non modificar substancialmente as poderosas forzas que actúan sobre nós e recompoñen unha e outra vez o escenario gobal a conveniencia.
No hay Indice disponible
No hay enlaces disponible
Libros Relacionados